Investigación: Investigacións en desenvolvemento na Facultade de Ciencias da Comunicación

Idea

 Radiografía de investigacións da Facultade de Ciencias da Comunicación

Resumo

Nesta investigación pretendemos facer unha clasificación xeral de todas os estudos que se están a levar a cabo hoxe en día na Facultade de Ciencia da Comunicación. Os profesores Margarita Ledo, Marcelo Hermida e Xosé López dirixen os tres principais campos de investigación. A primeira “Comunicación audiovisual: contidos, formatos e tecnoloxía”, o segundo “Cidadanía e Comunicación” e o terceiro “Novos Medios (Tendencias, Cibermedios, Impresos)”. Todas estas crean unha serie de proxectos con distintos obxectivos que son a peza clave da investigación.

 

Palabras clave

Cinema, TV, información, cibermedios, TIC, novos medios, ficción, interactividade, intercultura, industrias culturais, cine postbélico, cidadanía, comunicación, medios, ben común, televisión, internet, redes sociais, democracia e investigacións.

 

Introducción  

Problema

A falta de información en xeral sobre as investigacións que se realizan na Facultade de Ciencias da Comunicación.

 

Obxectivos

Xeral

  • Aportar información útil sobre as múltiples áreas de indagación que se traballan actualmente na Facultade de Ciencias da Comunicación e a súa estructura.

Especificos

  • Afondar na investigación “Cidadanía e Comunicación”
  • Procurar facer un análise de “Comunicación audiovisual: contidos, formatos e tecnoloxía”
  • Indagar qué se está a facer en “Novos Medios (Tendencias, Cibermedios, Impresos)”

 

Preguntas e xustificación

O estudo destas investigación permitiría informar dunha maneira máis simple e directa a todo o mundo do traballo que se realiza nesta facultar ademais do docente. Pensamos que é necesario que os universitarios e calquera cidadán teña coñecemento do que se investiga, tanto porque ten repercusión dalgunha maneira na sociedade e porque están financiadas por diñeiro público.

Tamén ten implicación práctica para os estudante que desenvolvan traballos de fin de grado ou teses. Pois a hora de elixir a idea do súa investigación poden analizar dunha maneira máis sinxela os contidos de estudo. Para poder elixir así algo relacionado con eles que contará coa axuda de máis expertos.

Tamén ten utilidade metodolóxica e valor teórico para outros investigadores que queiran facer un traballo similar a unha maior escala, pois a investigación funciona como resumo da actividade na Facultade de Ciencias da Comunicación.

Marco teórico

Dende 1990 realizáronse outras investigacións previas a esta, a saber:

Título: Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas (Redes de Investigación). Ámbito: Galego Duración: 2011-2012 Financiador: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria – Axudas para a consolidación e estruturación de unidades do SUG

Título: Estudo “Análise lonxitudinal da abordaxe da violencia de xénero nos medios de comunicación galegos”. Ámbito: Galego Duración: 2008-2008 Financiador: Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar (Xunta de Galicia)

Título: O tratamento da violencia de xénero nos medios de comunicación galegos. A declaración de Compostela e o seu cumprimento nas redaccións galegas Ámbito: Galego Duración: 2007-2007 Financiador: Estudos e investigacións relacionados coa muller Título: A ficción como ferramenta educativa Ámbito: Outros Duración: 2006-2008 Financiador: USC

Título: Os medios de comunicación galegos na sociedade do coñecemento: A presencia dos expertos e líderes de opinión no discurso xornalístico da prensa, radio, TV e Internet. Ámbito: Galego Duración: 2004-2006 2 / 14 PRINCIPALES PROXECTOS Financiador: PGIDT – PXI (Programa Xeral de Investigación)

Título: Axuda para formación de grupo: Axuda preparatoria Ámbito: Galego Duración: 2002-2003 Financiador: PGIDT – PXI (Programa Xeral de Investigación)

Título: Periodismo de opinión y periodismo de creación en la prensa periódico de Galicia (1800-2000). Perspectiva histórica, social, cultural, literaria y periodística Ámbito: Nacional Duración: 2002-2003 Financiador: 4 PN – 2001-PGC Título: Banco de datos da televisión local. Ámbito: Galego Duración: 2000-2002 Financiador: PGIDT – PXI (Programa Xeral de Investigación)

Título: Estudos Audiovisuais. Consolidacion e estruturacion de unidades de investigacion competitivas 2012. (GPC) 5 / 26 PRINCIPALES PROXECTOS Ámbito: Galego Duración: 2012-2014 Financiador: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Título: Cine, diversidad y redes Ámbito: Nacional Duración: 2010-2012 Financiador: 6 PN – Ciencias sociales

Título: Galicia en NO-DO: Comunicación, cultura e sociedade (1942-1981) Ámbito: Galego Duración: 2009-2011 Financiador: PGIDT – 2007 – Sociedade e cultura (SEC)

Título: Lusofonía, interactividade e interculturalidade Ámbito: Galego Duración: 2008-2011 Financiador: PGIDT – PXI (Programa Xeral de Investigación)

Título: Os contidos dos informativos de radio e de televisión. Tratamento informativo, estético e de linguaxe Ámbito: Galego Duración: 2003-2005 Financiador: PGIDT – PXI (Programa Xeral de Investigación)

Título: A comunicación na periferia atlántica Ámbito: Galego Duración: 2001-2003 Financiador: PGIDT – PXI (Programa Xeral de Investigación)

Título: Towards an integrated European Minority Language Television Ámbito: Internacional Duración: 1998-1999 Financiador: UE – DG XXII

Título: Televisión e interculturalidade: Galicia, Bretaña e País de Gales Ámbito: Internacional Duración: 1997-1998 Financiador: UE – DG XXII

Título: Novos Medios. Consolidacion e estruturacion de unidades de investigacion competitivas 2012. (GPC) Ámbito: Galego Duración: 2012-2014 Financiador: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Título: Granxas dixitais. DIVERCIENCIA Ámbito: Galego Duración: 2010-2010 Financiador: PGIDT – Comunicación e sensibilización social (CSS) – Diverciencia

Título: Consolidación e estruturación das unidades de investigación do sistema galego de I+D+I. Grupos de investigación Ámbito: Galego Duración: 2010-2010 Financiador: Consellería de Economía e Industria – Programa xeral consolidación e estruturación do sistema galego I +D+i

Título: Sociedad de la información y desarrollo urbano-regional. Aplicación de metodologías de E-Inclusión y Marketing Territorial Ámbito: Nacional Duración: 2010-2013 Financiador: 6 PN – Ciencias sociales

Título: Evolución de los cibermedios españoles en el marco de la convergencia – Arquitectura de la Información (coordinado y subproyecto) Ámbito: Nacional Duración: 2010-2012 Financiador: 6 PN – Ciencias sociales

Título: Consolidación e estruturación das unidades de investigación do sistema galego de I+D+I. Grupos de investigación Ámbito: Galego Duración: 2009-2009 Financiador: Consellería de Economía – Programa xeral de consolidación e estruturación do sistema galego de I+D+i

Título: DIVERCIENCIA.Comunicar a ciencia: os medios de comunicación e divulgación do coñecemento Ámbito: Galego Duración: 2009-2009 Financiador: PGIDT – Comunicación e sensibilización social (CSS) – Diverciencia

Título: Plataforma de xestión dixital da cultura galega Ámbito: Galego Duración: 2009-2012 Financiador: PGIDT – 2007 – Sociedade e cultura (SEC)

Título: Diverciencia granxas dixitais. DIVERCIENCIA Ámbito: Galego Duración: 2008-2008 Financiador: PGIDT – Comunicación e sensibilización social (CSS) – Diverciencia

Título: Consolidación e estruturación de unidades de investigación (NOVOS MEDIOS) Ámbito: Galego Duración: 2008-2008 Financiador: Consellería Innovación – Programa xeral de consolidación e estruturación do sistema galego de I+D+i

Título: Laboratorio Tecnológico de Identidades Culturales Europeas Ámbito: Nacional Duración: 2008-2011 Financiador: Accións complementarias

Título: Laboratorio tecnolóxico de identidades culturais Europeas. Ámbito: Galego Duración: 2007-2007 5 / 47 PRINCIPALES PROXECTOS Financiador: PGIDT – PXI (Programa Xeral de Investigación)

Título: Tendencias na converxencia dos medios de comunicación en Galicia 2007-2010. Ámbito: Galego Duración: 2007-2010 Financiador: PGIDT – PXI (Programa Xeral de Investigación)

Título: Axudas para a consolidación das unidades de investigación do sistema galego de investigación e innovación: Grupos de investigación / NM Ámbito: Galego Duración: 2007-2008 Financiador: Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas

Título: Convergencia digital den los medios de comunicación – Medios.(Subproyecto) Ámbito: Nacional Duración: 2006-2009 Financiador: 5 PN – Tecnologías de servicios de la sociedad de la info Título: Sociedad de la información y desarrollo urbano-regional. Análisis de impactos en regiones periféricas a partir de la aplicación de metodologías de e-inclusión. Ámbito: Nacional Duración: 2006-2009 Financiador: 5 PN – Ciencias sociales, económicas y jurídicas

Título: Sociedade da información e desenvolvemento urbano-rexional. Análise de impactos en rexións periféricas a partir da aplicación de metodoloxías de E-inlución Ámbito: Galego Duración: 2006-2009 Financiador: PGIDT – PXI (Programa Xeral de Investigación)

Título: Axudas para estruturación en Humanidades e Ciencias Sociais Ámbito: Galego Duración: 2006-2008 Financiador: PGIDT – EDU (Educación) Título: Axuda para a contratación de personal técnico de apoio na modalidade de técnicos de proxectos MEC (PTA) Ámbito: Nacional Duración: 2004-2007 Financiador: 4 PN – P2 – PGC

Título: ALFA-SINDUR. Rede de Excelencia América Latina Formación Académica Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano e Rexional Ámbito: Galego Duración: 2003-2004 Financiador: PGIDT – PXI (Programa Xeral de Investigación)

Título: SINDUR. Sociedade da información e desenvolvemento urbano e rexional. Fundamentos teóricos e avaliación de impactos en rexións periféricas Ámbito: Galego Duración: 2003-2006 Financiador: PGIDT – PXI (Programa Xeral de Investigación)

Título: Centro de Estudios Eurorregionales Galicia-Norte de Portugal Ámbito: Internacional Duración: 2003-2004 Financiador: UE – Interreg III Título: Sociedad de la Información y Desarrollo Urbano y Regional. Fundamentos teóricos y valoración de impactos en regiones periféricas Ámbito: Nacional Duración: 2002-2005 Financiador: 4 PN – 2001-Socioeconomía

Título: El impacto de internet en los medios de comunicación en España – Radio Ámbito: Nacional Duración: 2002-2005 Financiador: 4 PN – 2001-PGC

Título: Análisis de contenidos, organizacional y formal de los medios de comunicación en línea en Galicia: experiencias y alternativas Ámbito: Nacional Duración: 2001-2004 Financiador: 4 PN – 2001-PGC

Título: Análise dos contidos textuais e dos aspectos formais dos diarios galegos Ámbito: Galego Duración: 2001-2004 Financiador: PGIDT – SOCX (Estudios Socioeconómicos e Xurídicos) Título: A audiencia da radio en Galicia Ámbito: Galego Duración: 1997-1999 Financiador: Xunta de Galicia – CICETGA 6 / 47 PRINCIPALES PROXECTOS

Título: Perspectivas xerais e de consolidación dos periódicos galegos na sociedade da información. estudio continuado dos medios electrónicos e impresos Ámbito: Galego Duración: 1997-2000

 

Hipóteses

Debido ó descoñecemento das investigacións a levar a cabo supuxemos que existían diferentes proxectos que se estaban a levar a cabo en diferentes liñas de investigación.

Neste traballo non existía unha hipótese inicial concreta, partíamos coa suposición de facer a radiografía das distintas investigación, figurándonos de que cada investigador dirixía un gran proxecto xeral.

Metodoloxía

Ideamos un método de análise específico para levar a cabo con cada un dos proxectos, para ser capaces así de abarcar en profundidade cada un deles. Consistía en:

  1. Elaboración da ficha da investigación
  2. Realizar unha descrición exhaustiva
    1. Documentación sobre o publicado
    2. Entrevistas persoais
      1. Facer preguntas que profundicen nos obxectivos ós investigadores:

De que vai o proxecto?

Cales son os vosos obxectivos?

Como xurdiu o proxecto?

Que repercusións pode ter?

   Cal é o teu labor dentro do traballo?

           Contades con algunha axuda? Que tipo de axudas, públicas ou privadas?

 

      1. Preguntar por aqueles aportes da investigación á sociedade
      2. Pesquisar sobre as labores do persoal (áreas a traballar)
  1. Facer infográfico na clase (en conxunto)

 

Desenvolvemento da investigación

O cidadán e os valores da comunicación

O grupo de investigación Cidadanía e Comunicación (Cidadanía e Comunicación) estuda os efectos dos medios actuais, os autores da información, a súa forma de narralo e a estética, así como a evolución do xornalismo, especialmente aqueles tipos non convencionais desta materia.

Poderíamos definir as súas palabras clave en : “Cidadanía, Comunicación, Medios, Ben común, Televisión, Internet, Redes Sociais e Democracia” Para comezar a falar do tema, a modo de introduciñon empregarei as palabras do compilador dun dos foros máis trascendentes coordinado polos compoñentes de esta investigación: “Moitos medios actuais, e nomeadamente moitas emisións televisivas, contribúen a que a xente se distancia da política e a que se propaguen estados de ánimo privatistas e apolíticos. Zygmunt Bauman indicou que boa parte dos programas de “testemuñas persoais” e “tele-realidade” que sobrebanceannas programacións dende hai máis dunha década contribúen a que moitos individuos teñan dificultades á hora de traduci-las cuestións privadas en asuntos públicos e, pola mesma razón por esa incapaciddade de traducilo persoal en cuestións públicas, adoitan caer no erro de procurar inutilmente soluciñons individuais a problemas estruturais” (Outeiriño, 2010).

O principal problema a raíz do que nace esta investigación é coñecer o papel dos medios de comunicación na cidadanía e como inflúen na formación dunha sociedade crítica, para poder avanzar cara a democratización.

Os principais obxectivos de esta investigación son:

-Comprender o papel do cidadán e os valores da comunicación.

-Investigar o xornalista, a crítica, a narración e a estética (así como estes inflúen no xornalismo).

-Estudar o fenómeno de “democracia electrónica”, internet e a evolución do xornalismo, así como aqueles xéneros xornalísticos que saen máis do común.

Para esta investigación mantéñense dous grupos de traballo principais (denominados proxectos), a saber “Consolidación e estruturación da Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento” e “Prostitución y medios de comunicación: construcción de la realidad y recepción de los contenidos mediáticos.” Dentro da investigación traballan diferentes profesores da facultade, coma Martínez Hermida, Álvarez Pousa, García Baamonde, Hernández Les, Outeiriño Gallego, Acuña Rodríguez e Amorín López. Para o desenvolvemento da mesma tamén se realizan foros periódicos entre os cales destaca o “V Foro Cidacom”. Tivo a colaboración a finais de outubro de Aloia Álvarez Feans, unha investigadora da cuestión nixeriana e o ano pasado acolleuse un seminario sobre a análise crítica do discurso (tanto formal como de contido) realizado por Felix Balensó.

 

Na investigación recóllese que o poder social é aquel que controla a actividade mental, a capacidade de decisión doutros. Pode ser unha influenza directa como a dos medios de comunicación, as advertencias, prohibicións etc, ou indirecta como o das persoas en concreto, que influencian coas súas opinións. Por outra banda o discurso é o método que máis poder de influenca ten, máis que estimulos visuais ou acústicos. O seu principal obxectivo é modificar os pensamentos permantentes de outros. O discurso depende en grande medida do acceso que o público ten ao mesmo, canto máis público abarca máis inlfuencia ten.

Entre os varios tipos de discursos atopamos: o discurso legal, o discurso médico, o discurso educativo, o discurso burocrático e as conversas cotiás. Cada discurso está asignado a un sector que abrangue máis ou menos falantes. O discurso legal aplícase a avogados, xuíces etc. Para cada situación adoitamos unha linguaxe e disposición diferente, máis ou menos formal. En xeral temos máis respecto á sectores como o legal ou o médico que ao educativo ou coloquial, é dicir, exercen máis inlfuencia sobre nós. Todo isto é posible grazas as actividades cognitivas do noso cerebro, que funcionan dun xeito concreto provocando que vexamos as cousas ou as entendamos dun modo particular, como explica o autor no libro.

Para acceder á comunicación ten que haber algo que contar, e para iso hai que acceder á información. Polo tanto é necesario seguir unhas pautas que nos permitan acceder á mesma.

En primeiro lugar hai que ter iniciativa, todo depende que quen convoque os actos de comunicación.  Hai que establecer restriccións, é dicir, decidir que cousas deben aparecer no discurso e cales non. O seguinte é controlar os actos de comunicación, a participación de outras persoas ou o respecto d eoutros ás restriccións que previamente se impuxeran. A continuación debemos ter en conta o alcance e o control de audiencia. Nalgúns tipos de discursos pode controlarse quen está presente e quen non no dito discurso. Deste xeito podemos elixir un público aberto para comunicar algo que queremos que chegue a todo o mundo ou un público pechado para achegarnos a un sector concreto.

Estos discursos ás veces son utilizados dun xeito racista, pois en moitas sociedades observamos como os grupos brancos dominantes exercen o poder social sobre minorías étnicas ou raciais. As maiorías raciais, como é a branca, exercen o poder social aproveitándose dos ben preciados da dita sociedade como a sanidade ou o emprego mentres as minorías teñen diversas trabas para o seu acceso.  Ademáis podemos ver como as minorías étnicas ou raciais non teñen represetación nos lugares de importancia como no parlamento por exemplo. Isto provoca o seu aillamento e a falta de voz do seu sector. Así mesmo o seu acceso á educación tamén é moito máis restrinxido que o da maioría branca. As investigacións univeritarias europeas están maiormente encabezadas por xente branca, xa que existe o prexuizo de que a invertgación se verá truncada por motivos de cultura se os que a dirixen son de outra raza. Como consecuencia da falta de acceso a estes sectores nun futuro tamén terán problemas de acceso ao mundo dos negocios, por carecer da formación que obtuveron os de raza branca, e, ademáis disto, os desta maioría creen que a culpa de que non cheguen aos negocias é deles por poñerse a sí mesmos diversas trabas, que en realidade instaura a o sociedade e as maiorías.

Ademáis, os investigadores fan a proposta de “ben común” no canto de “ben público”. Facer “comunicación a xeito de ben público” é en qué medida os medios de comunicación poden contribuír a restablecernos no papel de cidadáns para deixar de ser consumidores e audiencias. Os bens públicos han de estar dispoñibles para todos os individuos dunha sociedade, sen poder marxinar a ninguén. O acto máis destacable, ó que nos referimos anteriormente foi o V Foro Cidacom no que os participantes “ó reunirse a falar da comunicación e o ben público quixeron darlle máis unha volta a esa vella e querida idea moderna da función política dos medios de comunicación” (Outeiriño) Ó longo do libro que recolle as actas deste acontecemento, atopamos que analizan o carácter dos medios actuais, o cal califican de “comunicación autómata”. Destacan tamén que o papel de aqueles que teñen o denominado poder informativo é moi diferente de aqueles que non o teñen, e esta distancia entre eles está medrando.

“Cando falamos dos dereitos podemos falar por exemplo dos dereitos políticos da xente, e e logo houbo un certo momento no que ademais dos dereitos políticos ,que son os que recollen o código civil, recoñeceronse uns dereitos económicos” dixo Manuel Outeiriño cando pedimos dun análise de contidos de Cidacom.

Ademáis do anteriormente nomeado, os membros do grupo publicaron nos últimos anos sete artigos, catro libros, e vinte capítulos de libros. Ademais, elaboráronse 3 teses doutorais en colaboración.

Hacia el Espacio Digital Europeo: El papel de las cinematografías pequeñas en versión original.

Un dos proxectos desta rama de investigación está dirixido por Margarita Ledo Andión, busca desenvolver un traballo para detectar as barreiras que existen para a consolidación do cine en versión orixinal como axente mediador nas políticas de diversidade, así como identificar as claves para a mellora da visibilidade e a accesibilidade destas cinematografías no Espazo Audiovisual Europeo.

Para guiar a investigación faise uso dunha serie de palabras chave que son as seguintes: Cinema; TV; información; ficción; interactividade; intercultura; industrias culturais

Os obxectivos do traballo son os seguintes:

Xerais:

“Coñecer e analizar a recepción de produtos cinematográficos galegos a partir de determinadas variables como a lingua, os motivos e as modalidades expresivas, ademais de cuestións tecnolóxicas que afectan aos novos modos de circulación e consumo de bens culturais” (Gumucio-Dragon,2013,14)

Específicos:

Partindo da hipótese de que a versión orixinal é un indicador inequívoco da existencia dun universo europeo plural composto por pequenas cinematografías, e de que a migración dixital facilita o intercambio, a accesibilidade e as novas modalidades de consumo, a investigación evidenciará:

  • que medidas deben contemplar os programas de políticas públicas que pretendan transformar as ameazas do novo escenario nunha opotunidade para a visibilidade e o incremento do valor de uso e de cambio do cinema en v.o.
  • que elementos deben considerarse para que a diversidade creativa sexa, ao mesmo tempo, unha marca para a súa proxección internacional.

 En definitiva, os obxectivos fundamentais residen en responder a pregunta de se a política da Unión Europea é realmente útil. Porque é un proceso que se resolve moi rapidamente dicindo que queren un modelo global, unha marca paraügas xeral á imaxe do modelo Hollywood que acabará, de seguro, co cine europeo. Debemos ter en conta que o cine europeo, se por algo se caracteriza é polas súas singularidades, polas súas peculiares, nunca por constituír unha marca paraügas na que non podemos entrar. Un bo exemplo é o carácter idiomático que define a un cine identitario. O cine digamos que se entende como variantes. Así, a UE define a España a efectos de subvencións como unha realidade monolingüe, cando realmente existen unha linguas cooficiais recoñecidas, como son o galego, o éuscaro e o catalán. Casos como estos son, sen dúbida, motores destes obxectivos fundamentais.

Polo tanto para responder a esta pregunta xeral parten da hipótese da firme creencia na suposición de que Europa Creativa (programa da UE para 2014-2020 destinado a impuslar os sectores cultural e creativo) supón unha auténtica ameaza para o cinema europeo, unha aposta dixital, desideoloxizada e descomprometida, á marxe de toda cultura incapaz de traducirse en feito económico. Unha política suicida capaz de rematar coa noción de cine europeo na súa pluralidade.

Traballouse cunha metodoloxía chamada DELPHI, un método centrado en crear un panel de expertos que opinan sobre un determinado tema, a partir de cuxas respostas diséñase un cuestionario. O DELPHI funciona do seguinte modo: confección dun panel de expertos, elección de preguntas e persecución do consenso. Ditos expertos divídense en catro perfís: institucional, académico, creativo e profesioanl. A partir de ahí, convértense en persoañ moi solvente para aventurar como van a ir as cousas nun futuro próximo e, a partir de aí, xorde a capacidade real de establecer recomendacións á UE.

Fundamentalmente, o grupo chegou á conclusión de que o novo programa cultural da UE (Europa Creativa, 2014-2020) supón un enorme perigo para o devir do cine identitario europeo, principal valedor e representante da pluralidade característica do cinema europeo en xeral. En que viron isto? Pois en que esta non atende ás necesidades propias das realidades língüísticas, por exemplo. Un caso disto ocorre con España, entendida a nivel de subvencións coma unha realidade monolíngüe, cando non o é. En resumo, este grupo decatouse dunha problemática concreta sobre a que pretende dar recomendacións. (É importante ter en conta que se trata un traballo que aínda non rematou, polo que as conclusións non son de todo esclarecedoras).

Hacia una reconsideración de la cultura posbélica: análisis de los modos de representación en el cine español (1939-1962) a partir de la impronta de Wenceslao Fernández Flórez

A outra investigación do eido da comunicación audiovisual é a levada por José Luís Castro de Paz.

Parte coa intención de desbotar a idea de  que o cine posbélico español está cheo de tópicos, mensaxes cristiás e que non ten modelos propios senón que vive da adaptación doutros como o italiano. Incluso os libros de historia do cine non analizan este período. Polo que é necesario facer unha análise que estude a riqueza ou non do cine da primeira parte da ditadura (1939-1962).

Ao igual que no anterior caso faise uso dunha serie de palabras chave que son as seguintes: Cinema; TV; información; ficción;industrias culturais; cine posbélico

Os obxectivos do traballo son:

Xeral:

Definir uns modos de representación españois de ese período e ver de que maneira vinculábanse ou se diferenciaban doutros modelos cinematográficos como o “hollywodiense”. Ver tamén como o modelo cruzábase en España con certas tradicións visuais, teatrais, pictóricas como a revista, o sainete… Ata construír híbridos nos que se crean formas visuais , narrativas, interpretativas peculiares.

Por tanto trazar un panorama deste cine, distinto dos tópicos que se repiten desde fai décadas nos libros de historia do cine. Os cales desdeñan con rapidez o cine interesante deste período, necesario de ser estudado.

Específico:

  • Determinar de que maneira as peculiaridades estilísticas, formais e temáticas dos modos de representación do cinema español parten de maneira decisiva da pegada literaria do escritor coruñés Wenceslao Fernández Flórez.
  • Estudar a interacción do cine con outras tradición artísticas de España, como o teatro e a pintura.
  • Analizar se existen obras innovadoras e contrarias a realidade española, como ocurre nos demais artes.

Polo tanto o traballo busca responde a pregunta xeral, de si existe un cine propio con valor artístico e histórico en el cine posbélico español.

Como dixemos antes o traballo parte da hipótese inicia de que o cine español ten unhas liñas de tradición configuradas desde o cine mudo. Ten que gañar ao teatro ou a outros espectáculo de igual interese . Para iso, o cine español reutiliza, transforma e revitaliza certas cousas que están no imaxinario; tradicións culturais como o carnaval, o sainete, entremés, zarzuela ou o xénero chico e incluso certa pintura. Recólleas e transfórmaas para elaborar o seu propio mecanismo.

A metodoloxia consistiu en reler todo o cine da posguerra, dende o fin da guerra ata o 62, para desvinculalo de todos os tópicos franquista; folclórico, costumista…. Estudio detido película a pelicular (422 producións) a partir dos mecanismos de análises textual de rede simbiótica e do estudo da narratoloxía fílmica.

Polo tanto os resultados en palabras de Castro de Paz “o análisis riguroso de las películas do período aproxímanos á complexidade e a riqueza dunha filmografía tan desigual como poboada de obras de incontestable altura estética e cultural, á vez que nos permite desfechar o “cansino” e falso maniqueísmo tan presente na historiografía tradicional ( disidencia italianizante e costumismo franquista). Ao igual que sucede en outros campos artísticos- non só existen “excepcións” senón tendencias, correntes e “xeracións” que se esforzan por continuar un traballo cultural tan dificultoso como meritorio que había dado os seus primeiros, escasos e saborosos resultados fílmicos durante o tráxico breve período republicano” (Castro de Paz e Paz Otero, 2014)

Estes dous proxectos foron financiados polo Sexto Plan Nacional de I+D+I do Ministerio de Ciencia e Innovación. Ademais contouse coa colaboración de:

María José Salgueiro Santiso Consellería de Educación e Ordenación Universitaria IES Audiovisual Vigo

Oswaldo García Crespo Universidade de Vigo

Maria Soliña Barreiro González Universitat Politècnica de Catalunya

Amanda Paz Alencar Universidade de Amsterdam

Pablo Romero Fresco University of Roehampton

 

Novos Medios

Novos medios é un grupo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dun conxunto de profesores que estudan o desenvolvemento que sufriron os medios de comunicación coa chegada das novas tecnoloxías.

O grupo Novos Medios nace en 1999 na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. É de un grupo de investigación composto por profesores e catedráticos da Universidade. Consta que non so participan membros do ámbito comunicativo, senón que se atopan inmersos tamén profesores que non imparten na facultade de Comunicación, pero pertencen á USC.

O seu coordinador principal, o catedrático Xosé López, expón que o eixe central desta agrupación consiste en “analizar el impacto de la tecnoloxía sobre los medios de comunicación”. É dicir, a principal liña de investigación é o estudo dos cambios que as novas tecnoloxías (TIC) provocaron na “arquitectura de la actividade periodística”.

Neste sentido, tratase dun grupo de profesores que dispoñen de independencia para poder traballar nas súas propias investigacións particulares, dentro do obxectivo que marca Novos Medios. Berta García Orosa, membro do grupo e profesora na Facultade de Ciencias da Comunicación, explica que os integrantes emerxen dun proxecto común e, ademais, realizan traballos de maneira individualizada.

Un dos principais proxectos baséase na examinación dos dispositivos electrónicos españois. Baixo o nome ‘Innovación y desarrollo de los cibermedios en España-Arquitectura de la interactividad periodística en dispositivos múltiples: formatos de información, conversación y servicios’, a USC, xunto con outras universidades nacionais, traballa na evolución dos medios de comunicación dixital e a súa adaptación a unha sociedade con tendencia informatizada

Xunto a esta investigación, existen dous proxectos xenerais cuxa súa data de caducidade está proposta para 2016.

No 2012, o grupo decide unir os seus predilectos co Grupo de Investigación Sociedad, Tecnología y Territorio (GIS-T), liderado por Carlos Ferrás, profesor na facultade de Xeografía e Historia da USC, de tal forma que o grupo aumenta o seus membros a 21 colaboradores e investigadores.

A financiamento e sostemento corre a cargo, principalmente, de becas e axudas públicas aínda que tamén hai financiamento privada para algúns dos proxectos que se desenvolven con empresas.

O principal obxectivo deste grupo é analizar como coa aparición de Internet e o desenvolvemento das novas tecnoloxías, os medios de comunicación convencionais tiveron que adaptarse as novas formas de comunicación e información.

Coa creación de Novos Medios, os integrantes conseguiron realizar máis de dez proxectos de investigación. Os membros lograron publica máis de 100 artigos en revistas e máis de 50 libros. Toda esta labor divulgativa tivo un gran impacto na comunidade comunicativa.

Ademais, axudaron á creación dunha rede de investigación internacional, que permite o intercambio entre profesores de distintas universidades.

Conclusión

Existen distintos proxectos na Facultade que atenden a moitos eidos das ciencias de información, desmentindo así a nosa suposición inicial da existencia de tres grandes proxectos. Atopámonos con que nalgúns casos o director do proxecto non era necesariamente quen máis aportacións presentaba, ou aquela persoa que máis coñecía o tema que se trata.

A estructura dos grupos de traballo é complexa e aínda que existen tres grupos marcados, os investigadores poden pertencer a proxectos en varios dos grupos, traballar de forma transversal sobre as liñas de investigación e incluso ter proxectos de estudo propios ou compartidos con investigadores que podes ser doutras universidades.

 

Bibliografía consultada: (APA)

  • Catro, Jose L. (2014). El malvado carabel: literatura y cine popular antes y después de la Guerra Civil. Santiago de Compostela: Vía Láctea.
  • Castro, Jose L. (2014). Wenceslao Fernández Flórez: material nutriente para el cine español. A Coruña: Vía Láctea.  
  • Estudos Audiovisuais. (2013). Recuperado o 18 de novembro do sitio de Estudos Audiovisuais: http://www.estudosaudiovisuais.org/
  • Ledo, Traversa, Bermúdez, Becerra, Gerbase, Castelló, Campos, Rodríguez, Salgueiro, López, Soengas, Gómez, Roca e Pérez (2013). Cine, diversidad y redes: pequeñas cinematografías, políticas de la diversidad y nuevos modos de consumo cultural. Bos Aires: Instituto Universitario Nacional de Arte. Santiago de Compostela: Area Trasdepartamental de Crítica de Artes.
  • Novos medios-Trayectoria de la asociación Novos Medios (2015, 11 de noviembre). Reuperado de http://www.novosmedios.gal/index.php/sobre/trayectoria/
  • Novos medios-Principales áreas de investigación(2015, 20 de noviembre). Recuperado de http://www.novosmedios.gal/index.php/areas-de-investigacion-research-areas/
  • Outeiriño, M. (2010). A comunicación e o ben público. Santiago de Compostela: Nino-Centro de impresión Digital.
  • Universidade de Santiago de Compostela-Cidadanía e Comunicación (25, 11 de noviembre). Grupos de investigación en la Facultad de Ciencias de la Comunicación. Recuperado de
  • Universidade de Santiago de Compostela-Cidadanía e Comunicación (25, 11 de noviembre). Grupos de investigación en la Facultad de Ciencias de la Comunicación. Recuperado de http://imaisd.usc.es/grupoficha.asp?idpersoatipogrupo=137682&i=gl&s=-126-191-196-235&v=
  • Universidade de Santiago de Compostela-Cidadanía e Comunicación (25, 11 de noviembre). Grupos de investigación en la Facultad de Ciencias de la Comunicación. Recuperado de http://imaisd.usc.es/grupoficha.asp?idpersoatipogrupo=76274&i=gl&s=-126-191-196-235&v=
  • Universidade de Santiago de Compostela-Novos Medios(2015, 11 de noviembre). Grupos de investigación en la Facultad de Ciencias de la Comunicación. Recuperado de http://imaisd.usc.es/grupoficha.asp?idpersoatipogrupo=75531&i=gl&s=-126-191-196-235&v
  • Van Dijk, T. A. (2009). El análisis crítico del disurso. Discurso y poder. Barcelona: Gedisa. P. 149-179.

 

Anexos

Organizacin-2

Invest

Anuncios

One response to “Investigación: Investigacións en desenvolvemento na Facultade de Ciencias da Comunicación

  1. prof 28 noviembre, 2015 / 4:53 pm

    Xa valamos en clase. Pero a bibliografía non está organizada alfabeticamente, por exemplo.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s