“ Xornalismo é publicar o que alguén non quere que publiques. Todo o demais son relacións públicas”

Antes de comezar, debo cuestionar se Lobo fai unha crítica meditada, ou se as súas verbas son froito dunha frustración, desas que só as teclas dun ordenador ou mesmo unha pluma calman. Quizais sexa un pouco duro, pero a maioría dos seus argumentos están faltos dunha análise acorde coa realidade.

Aproveitando o argumento da película Truth, aínda non estreada en España, e citando a George Orwell “ Xornalismo é publicar o que alguén non quere que publiques. Todo o demais son relacións públicas” comeza un artigo de opinión que analiza a situación do xornalismo en España.

Para Lobo os medios de comunicación esquecéronse do perigosa que é a información emitida polos gobernos. Para reforzar esta opinión cita o caso do conflito entre o programa estadounidense da CBS, “60 minutes”, e o Partido Republicano de EEUU con George Bush á cabeza.

Analizando este punto de vista, penso que o xornalista traslada unha opinión maioritaria na nosa sociedade; a de xornalista como marioneta do poder. Pero esa é unha afirmación que peca de simpleza. Os profesionais da información saben que a información dada polo Estado pode ser perigosa e que se debe contrastar, todos o aprendemos nos primeiros anos da facultade e mesmo o sabemos antes de entrar nesta carreira. O problema real é a falta de recursos humanos e de tempo. Isto leva aos medios a deixar de contrastar ou incluso a firmar pactos deshonrosos. Onde se eliminan certas información da opinión pública. Esta omisión ata pode ser autoimposta por medo a perder publicidade, subvencións… O problema non é o esquecemento. A falta de medios e de recursos e un dos dardos que envelena o xornalismo.

A continuación, Lobo aborda outra das críticas que tamén comparte coa maioría da sociedade. Esta é a idea de televisión como caixa boba. O autor fala da transición da información ao entretenimiento, utilizando un novo termo “infoentretenimiento”, que se crea soamente para xerar beneficios. Creo que todos estamos dacordo con que na televisión abundan contidos absurdos e que a veces se camuflan como xornalísticos, como os de prensa rosa que xiran en torno a debates ou os de pseudoprogramas de investigación que son un puro produto sensacionalista. De todas formas xeneralizar de tal maneira non me parece a maneira máis axeitada. Na televisión existen contidos xornalísticos moi válidos e ben feitos como os documentais. Ademais temos que entender que a televisión non pertence estritamente aos xornalista, o cine, as series, os deportes… Tamén teñen cabida e a súa finalidade e entreter.

As súas conclusión finais son moito máis acertadas, xa que por fin trata o principal problema dos medios de comunicación actuais, a economía, introduce este tema co termo “xornalista xerente”, que ademais de preocuparse da información emitida ten que buscar a supervivencia do seu medio.

Para Lobo o único garante da salvación do xornalismo é a sociedade, acabando o texto cunha reivindicación do que ten que ser un xornalista que debe “representar al ciudadano, exigir respuestas precisas y ciertas, respaldados por una ciudadanía que no tolera la mentira”.

Mais nesta conclusión vemos que el tamén cae no que crítica. Pon como exemplo ó seu propio medio. Agora poderíamos preguntarte señor Lobo, iso non é publicidade?

Pedro Rodríguez Villar

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s