“Aquel que non coñece a súa historia está condeado a repetila”

A xa ben coñecida frase de Orwell “xornalismo é publicar o que alguén non quere que publiques” titula esta reflexión, se é que así a podemos chamar, de Ramón Lobos sobre a decadencia do xornalismo. Un conglomerado de ideas que falan do que hai cinco anos escribía Jorge Bustos noutro artigo seu afirmando que sen dúbida, o peso da xeneralidade inclínase hoxe en día ó extremo oposto a unha redacción composta por cultivados intelectuais e escritores fachendosos. Non alcanzo a comprender porqué chamamos xornalismo a algo que, en realidade, non o é. Porque postos a citar autores, collamos a frase de Rodolfo Walsh “o xornalismo é libre ou é unha farsa”.

É o grande reto ó que se enfrenta calquera que se adique á nosa profesión a día de hoxe. O mesmo autor, Jorge Bustos, falaba do caso de Le Journal de Montréal cando sinala que ante unha redacción en folga que protestaba polo endurecemento das condicións laborais, a directiva decidiu sacar un diario, de farsa. Fíxoo sen xornalistas, acudindo masivamente a cables de axencia, blogueiros e freelances de baixo caché. Pero isto é o que nos agarda se seguimos así, na miña opinión. Uns medios que non fan xornalismo, e tratan de vender o seu produto ás empresas para conseguir convenios ou anuncios son a norma do día. Esta prostitución das empresas de “información” é coma unha adolescencia que resurxe das cinzas do pasado. É máis, engadindo outra frase, diremos que “aquel que non coñece a súa historia está condeado a repetila”, atribuída (entre moitos outros) a Napoleón Bonaparte.

As prioridades dos medios, dos seus traballadores e dos seus consumidores é o que prima. Aquí ninguén se libra dun anaco de culpa. Nesta sociedade, que como ben dicía Tom Rosentiel na súa charla TED en 2013 sobre este mesmo tema, o usuario controla o que aprende. E non existen fórmulas perfectas para facer un novo xornalismo de cara ó futuro. Só boas intencións, coma a deste medio, infolibre, que se da autobombo expoñendo a situación, caendo en sobrempregadas frases célebres.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s