Análisis da noticia reportaxeada

Guión (para Documentación

Introdución (asunto e contexto do asunto)

A miña noticia reportaxeada trata de comprender cómo é a relación dos adolescentes de hoxe en día coas drogas. Saber se consumen ou non, dende cando o fan, que drogas consumen, cal é a súa visión sobre elas e demais. Intento coñecer se o mundo das drogas evolucionou aumentando o número de adolescentes con drogodependencia con respecto a anos anteriores e se a opinión da xuventudo sobre elas cambioou tamén co paso do tempo. Están peor vistas que antes ou ao contrario?

Obxectivos (da reportaxe)

Os obxectivos da reportaxe son coñecer a dita relación da xuventude coas drogas e tamén a súa visión das mesmas. Teremos en conta a opinión de consumidores e de xente que non as consume, de mozos e de pais de adolescentes aos que este tema lles preocupa notablemente. Coñeceremos se cada día é máis fácil conseguir sustancias ilegais e por isto os adolescentes comezan a cosumir a idades máis baixas.

Xustificación (da reportaxe)

Este tema aféctanos a todos, tanto consumidores como non consumidores. Estamos a falar das novas xeracións que o día de mañá serán o motor do país. Hai drogas de todo tipo, unhas máis destructivas que outras pero todas fan dano nosa saúde e afectannos tanto física como mentalmente.

Metodoloxía (actores e fontes que se van utilizar, como, cando, onde, por que, recursos a usar. Se hai entrevistas, enquisas, incorporar as preguntas das mesmas)

Para realizar a reportaxe utilicei diversas fontes como foron:

-20 rapaces de entre 15 e 25 anos, consumidores de diferentes drogas (tendo en conta alcohol e tabaco) aos que se lle propuxeron estas preguntas:

  1. Consumes algún tipo de droga?

  2. Cales?

  3. Con que frecuencia?

  4. A que idade comezaches a consumilas?

  5. Crees ser un consumidor responsable?

  6. Consideras que estás enganchado a algunha droga?

  7. Conduciches ou realizaches algunha outra acción peligrosa baixo os efectos de algunha sustancia estupefaciente?

  8. Resultache fácil conseguir drogas?

  9. Tes intención de deixalas?

    10. Que visión tes das drogas que consumes? E do resto?

-Contactei por correo electrónico con algúns centros de desintoxicación como o Instituto Castelao ou ClínicasCita para coñecer como é o seu traballo con estos rapaces e cales son as cifras de adolescentes consumidores de drogas.

-Tamén tiven en conta a opinión de pais e outros adultos sobre a relación dos rapaces novos coas sustancias ilegais e a súa preocupación.

Estrutura do traballo (da reportaxe)

A reportaxe ten a seguinte estrutura:

  1. Noticia dos dous rapaces que se grabaron conducindo baixo os efectos das drogas e morreron dun accidente nese momento.

  2. Datos sobre a evolución das cifras de cosumidores adolescentes.

  3. Visión e opinión dos rapaces consumidores e dos que non o son.

  4. Opinión de adultos e pais de adolescentes sobre o tema.

  5. Datos e opinión de centros de desintoxicación e coñecemento do traballo que realizan.

Denise Sambad Guillomía

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s