Documentación para a reportaxe: Problemática do marisqueo en Boiro

1. INTRODUCCIÓN (Asunto e contexto do asunto)

A reportaxe xira en torno á situación do marisqueo en Boiro (A Coruña), pasando polas circunstancias que motivan o seu desenvolvemento, as etapas que o configuran, as características que o definen e, finalmente (como aspecto central), a súa situación actual, enormemente afectada por unha serie de precariedades faltas de atención.

Así pois, furtivismo, crise económica e falta de recurso convértense en elementos matriz deste traballo, sentando os alicerces dunha investigación propia e chea de singularidades.

A escolla de Boiro como contexto débese, única e exclusivamente, á proximidade que con el teño, pois é a vila na que nacín e cuxa realidade mellor coñezo.

2. OBXECTIVOS (Da reportaxe)

Con esta tarefa pretendo debuxar de forma realista e ben clara a condición do marisqueo na zona que mellor coñezo e que, dende logo, mellor capacitado estou para representar. Teño a intención de concenciar á sociedade e sobre todo, as administracións, dun sector que se está deixando morrer en silencio. Este é o obxectivo esencial da reportaxe.

3. XUSTIFICACIÓN (Da reportaxe)

Os motivos desta reportaxe son inherentes dalgún xeito aos obxectivos mesmos. É dicir, a raíz desta idea emana de forma exclusiva da crenza persoal na necesidade de cumprir os obxectivos propostos. En definitiva, fago esta reportaxe porque desexo que a xente coñeza a problemática máis oculta do marisqueo en Boiro.

4. METODOLOXÍA (actores e fontes que se van utilizar, como, cando, onde, por que, recursos a usar. Se hai entrevistas, enquisas, incorporar as preguntas das mesmas).

O método da reportaxe xira en torno ás testemuñas. Así pois, a experiencia e perspectiva dos entrevistados configuran os alicerces desta investigación. Desta forma, sendo coñecedor da accesibilidade destas persoas, o primeiro que fixen foi dirixirme a elas pesoalmente ou a través de coñecidos. A reposta de todos/as foi afirmativa. Unha vez contactadas todas as testemuñas, centreime nas fontes institucionais. Entre elas, o Concello de Boiro non quixo colaborar. Na Consellería de Pesca e Agricultura, púxenme en contacto cun coñecido que traballa nela, polo que aínda estou agardando a súa resposta. Ademais, tiven a posibilidade de baixar á praia tanto con mariscadores como con furtivos, esencial para facerme unha composición do tema a investigar. Actores:

  1. Mariscadoras da Cofradía de Cabo de Cruz: Mª Dolores Sánchez García (mariscadora, entrevista) e Susana Silva (vicepatrona, entrevista)
  • Preguntas:
    • Como é un día normal de traballo para un mariscador/a?
    • Que hai que facer para ser mariscador/a?
    • Cales son os principais problemas do marisqueo na actualidade?
    • Para protexervos do furtivismo, contades con axuda das autoridades policiais, garda civil, Servizo de Gardacostas ou de Gardapescas?
    • Que opinas dos chamados “furtivos por necesidade”? (xente con escasos recursos económicos).
    • Son tamén unha clase de furtivos os “veraneantes”?
    • Como se gañan a vida os/as mariscadores/as durante os períodos de veda?
    • Tedes subsidio de desemprego?
    • Que consecuencias ten na vosa saúde un traballo coma este?
    • Quen establece o prezo do marisco?
    • Para que serven as institucións que regulan a extracción do molusco?
  1. Furtivos da localidade: Furtivo 1, Furtivo 2, Furtivo 3 (os nomes non aparecen, pois todos solicitaron que non aparecese identificada a información que aportasen).
  • Preguntas (listaxe aberta, pois aínda non se falou con ningún, solo se contactou con eles).
    • Que entendes por “furtivismo?
    • Considéraste furtivo? Por que?
    • Cal é a razón de que o practiques?
    • Que opinas da afirmación: “o mar é de todos”?
    • Cal é a variación (aprox.) do prezo do furtivo e do mariscador?
    • Tedes malas experiencias coas forzas do orde?
    • Como cres que se pode solucionar esta situación?
  1. Consellería de Pesca e Agricultura (persoa por determinar).
  2. Veciños: Adrián Casais Vidal, Marta Fernández Currás, Andrés Martínez Laranga, Sara Bugallo, Alexandre Muñiz Places.
  • Preguntas (comúns a todos eles):
    • Como vedes a situación do marisqueo en Boiro?
    • Cales pensades que son os problemas que o afectan?
    • Tedes familiares mariscadores/as? Sendo así, como é a súa situación?
    • Practicáchedes “furtivismo” nalgunha ocasión?
    • O mar é de todos/as?
  1. FONTES:

– Vaamonde Balado, F. (1997). A pesca e o marisqueo en Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.

– Axencias. (6 febreiro, 2003). El vertido del ‘Prestige’ amenaza las zonas abiertas al marisqueo. Consultado 20 outubro, en elpais.com: http://elpais.com/elpais/2003/02/06/actualidad/1044523019_850215.html

– Mahou Lago, Xosé Mª (2008). Implementación y gobernanza: La política de marisqueo en Galicia. Consultado 17 outubro de 2015, en http://egap.xunta.es/Documentos/Publicacions/[1275644264]marisqueo_public68.pdf

– Maneiro Castro, M. (2010). Furtivismo e economía somerxida : o mar é de todos?  Claridade,(9), 47-50.

– González Arias, Miguel Ángel; Molano Martín, Francisco Javier; Bandín Buján, Carlos (2011). O furtivismo mariño e a súa incidencia na Comunidade Autónoma de Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Consellería do Mar.

– Europa Press. (5 febreiro, 2013). El drama del marisqueo llega al juicio del Prestige. Consultado 18 outubro, en farodevigo.es: http://www.farodevigo.es/galicia/2013/02/05/drama-marisqueo-llega-juicio-prestige/752662.html

– Romero, J. (8 abril, 2015). Desmantelan dos clanes de furtivos de Boiro y Noia que actuaban en Cabo. Consultado 16 de outubro en La Voz de Galicia (dixital):  http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/boiro/2015/04/07/guardia-civil-desarticula-doce-arrestos-importante-banda-furtivos/00031428410034003978977.htm

  1. ESTRUTURA

A noticia reportaxeada (pois a estrutura da reportaxe aínda non é definitiva) abre cun parágrafo literario no que expoño, de xeito un tanto melancólico, os meus recordos do marisqueo, as imaxes que del gardo na miña nenez. Despois, segue outro parágrafo no que sitúo ao lector no escenario da miña noticia, no foco principal da información. De seguido, continúa o que podemos chamar como “corpo”, no que incorporo a meirande parte dos datos recollidos, tanto de fontes como de testemuñas, confeccionando unha pequena viaxe pola historia do marisqueo en Boiro. Finalmente, introduzo a testemuña de Mª Dolores, clave para entender a realidade que se quere representar. A noticia reportaxeada péchase cunha estrofa dun poema de Manuel Antonio (o Poeta do Mar) á comunidade mariñeira.

Daniel Vázquez Fernández

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s